Entradas

Mostrando entradas de julio, 2019

Obradoiro Camiño verde

Imagen
@s Nen@s das Colonias de Verán da Casa da Xuventude participaron dous días da semana pasada cos Obradoiros de Xardinería e Sociocultural # RibadeocoCamiño no Obradoiro "CAMIÑO VERDE" O xoves corenta nenos e nenas achegáronse á Carballeira para gozar dos talleres de identificación de especies arbóreas, plantación dun espazo botánico de arbustos de froitos silvestres e elaboración de bombas de sementes.  O venres rapaces e rapazas comezaron participando na xornada da reciclaxe ao longo do Camiño de Santiago co percorrido dun tramo do Camiño recollendo lixo para desenvolver o taller de reutilización de residuos; aprenderon a converter unha botella de auga nunha maceta de autorego sobre a que plantaron unha leituga e levárona para ás súas casas. Así mesmo puideron construír hoteis de insectos con madeiras vellas e caixas de cartón que colocaron para contribuír ao incremento da biodiversidade de especies. Na contorna do albergue municipal de Vilela con