Obradoiro Camiño verde








@s Nen@s das Colonias de Verán da Casa da Xuventude participaron dous días da semana pasada cos Obradoiros de Xardinería e Sociocultural #RibadeocoCamiño no Obradoiro "CAMIÑO VERDE"

O xoves corenta nenos e nenas achegáronse á Carballeira para gozar dos talleres de identificación de especies arbóreas, plantación dun espazo botánico de arbustos de froitos silvestres e elaboración de bombas de sementes. 

O venres rapaces e rapazas comezaron participando na xornada da reciclaxe ao longo do Camiño de Santiago co percorrido dun tramo do Camiño recollendo lixo para desenvolver o taller de reutilización de residuos; aprenderon a converter unha botella de auga nunha maceta de autorego sobre a que plantaron unha leituga e levárona para ás súas casas. Así mesmo puideron construír hoteis de insectos con madeiras vellas e caixas de cartón que colocaron para contribuír ao incremento da biodiversidade de especies. Na contorna do albergue municipal de Vilela construíuse un horto ecolóxico con palés de madeira desbotables sobre os que os participantes puideron plantar hortalizas e decorar a madeira.

Comentarios

Entradas populares de este blog

¿Quieres pernoctar en Ribadeo? Queres pernoctar en Ribadeo?

“RIBADEO CAMINO NORTE" Ruta Patrimonio Natural “RIBADEO CAMIÑO NORTE" Ruta Patrimonio Natural

O CAMPÍN LOCE PARA SAN XOÁN EN OVE